No marco do proxecto Agrega, o Ministerio de Educación en colaboración coas comunidades autónomas, están a elaborar materiais para as distintas familias profesionais da FP, neste caso para a Familia de Servizos socioculturais e de atención á comunidade.
A través dun simulador e interactuando con personaxes e obxectos, tanto nunha sala de profesorado como nunha aula co alumnado, o usuario intervirá en diversos conflitos con nenos e nenas de entre 0 – 3 anos, e preparará o plan de prevención correspondente a cada caso.
Noutro simulador, o usuario actúa como un educador experto en alerxias alimentarias. Deberá distinguir os síntomas das distintas alerxias, descubrir que alimentos as producen e crear un menú especial para o caso.