Coa aula chea de froitos do outono decidimos facer as nosas postais outonais. Tralo aproveitamento de todos estes elementos para coñecer, tocar, palpar, ulir, saborear, comparar, facer estimacións, pesar, adiviñar ou degustar, quixemos crear composicións de marcado carácter artístico. Cadaquén selecciona os elementos que quere –froitos, follas, flores-, elixe o fondo sobre os que se colocan, e a forma na que isto se fai. Unha vez rematado o “bodegón”, hai que poñerlle título, e logo fotografamos. Velaí van os resultados, cunha estética moi persoal.
This slideshow requires JavaScript.
Máis tarde empregaremos a presentación elaborada con todas as imaxes para amosar aos compañeiros/as do centro. Noutras ocasións empregarémolas para felicitacións, tarxetas, invitacións, calendarios, catálogos, etc. coas que, unha vez impresas, agasallaremos ás familias e amizades. O seguinte paso: pedirlle ás familias que nos fagan as súas reportaxes fotográficas do outono. Todo ilo, pasará a formar parte da carpeta informática de cada alumno/a, á que poderán acceder sempre que queiran.
