A nosa achega á educación infantil

Artigos etiquetado ‘curta animación’

Circo dos caracois

En EncienciArte o 25/03/2011 ás 08:01

Bave Circus from DuDuF on Vimeo.

Primavera e aparición dos caracois é algo común. Aos cativos gústanlle moito, por iso proxectámoslle este vídeo dun circo singular no que os caracois realizan actuacións extraordinarias.

Para extraer conclusións interesantes sobre o afán de posuír e a vaidade, “A casa máis grande do mundo” de Leo Lionni en Kalandraka, cóntanos as desventuras dun pequeno caracol que quería ter a casa máis grande que se viu nunca.

Mirar_ver_pensar_contar XXI

En MirArte o 26/02/2011 ás 09:00

Food about you – Annecy festival 2010 from Alexandre DUBOSC on Vimeo.

Alexander Dubosc unhas desconcertantes fotografías de alimentos.

Why?

En InformArte o 22/12/2010 ás 19:04

 

Nesta tempada que os cativos van pasar moito tempo na casa é bastante habitual que se produzan algún tipo de pequenos incidentes. Por ese motivo volvemos a recomendar o visionado dos distintos episodios da serie “E por que?”, froito dunha colaboración das consellerías de Educación e Sanidade e Continental Producións.

O CD cos 50 capítulos xunto co proxecto educativo foron remitidos a todos os centros educativos e tamén se puxo dispoñible a través do portal de contidos educativos. Pódense atopar en Youtube.

Os pegamentos – As máquinas de barbear Os alfinetes –  O sol – Os petardos – O isqueiro – A cheminea – O radiador – As cremas cosméticas – O chan mollado – As esquinas de mobles – O microondas – A auga quente – Os electrodomésticos no baño – O forno – As mesas de vidro – O martelo – A serra – As pilas e baterías – Os dardos – As bebidas alcohólicas – As pílulas – As bolsas de plástico – Os coitelos – Onde sentar – Os enchufes – As portas – O xeo – O pasamáns – As cociñas – O batedor – Os medicamentos – As tesoiras – O cristal – Os caixóns – Ferramentas de traballo – Cociñar – Os animais – Os electrodomésticos – As cordas – Recoller – A electricidade – Os líquidos – As ferramentas – As ventás – Os mistos – Obxectos punzantes – Os xoguetes no chan – As coitelas – As alturas

A este proxecto pretendíase darlle continuidade, con outros episodios sobre hábitos saudables relacionados coa alimentación e co exercizo físico. Por máis que buscamos, non atopamos nada. Tan só, e como novidade, algúns capítulos en inglés ou en castelán, no web de Algarabía Produccións, os encargados da montaxe.

O Soldadiño de chumbo

En ContArte o 20/12/2010 ás 21:20

A editorial Galaxia, xunto con Continental Games e Moonbite veñen de presentar “O soldadiño de chumbo”, unha versión galega do conto de Andersen. O libro abre a colección Contos de cine e está editado en gran formato cun DVD coa curtametraxe de animación –en galego, español e inglés- feita en stop motion, rodada no 2008 no Museo do Xoguete de Allariz e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde, con música de Emilio Aragón. Inclúe unha aplicación para o iPad.

Curtas sobre os dereitos da infancia

En InformArte o 18/11/2010 ás 18:00

En 1998 UNICEF pensou en como divulgar os dereitos da infancia de forma creativa e divertida, para o que lles pediu a creadores e directores de todo o mundo que fixesen curtas de animación de 30´sobor dalgún dos dereitos da Convención. Máis de 70 estudios de 32 países teñen participado, e foron emitidos nas televisións de todo o mundo. Pódese acceder desde a páxina de UNICEF multimedia.

Recreos con choiva

En ContArte o 08/10/2010 ás 14:59

Para os días que a choiva nos impide saír ao patio, unha fermosísima curta de animación.

O seu visionado fíxonos recordar a última publicación da escritora galega, Fina Casalderrey, “¡Un can no piso!”, publicado en Galaxia.

Preguntas hermosas

En EmocionArte o 21/06/2010 ás 00:03

Queremos pechar este ciclo cun agasallo para nós, para as persoas adultas. Unha fermosísima curta de animación titulada “Preguntas Hermosas”. Unha historia sobre o tempo compartido por dúas persoas, narrado mediante unha combinación do “Poema X” de Pablo Neruda e “Under the Harvest Moon” de Carl Sandburg. Un recordo, unha perda e a aceptación son as tres partes que integran o vídeo da axencia Süperfad. Recoméndase visionalo en alta definición.

Hai que velo varias veces para poder apreciar todo lirismo das imaxes.

Preguntas fermosas sen resposta.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 522 segidores