AromatizArte IV: narices
En EncienciArte o 09/06/2011 ás 21:00A nai dun alumno quixo colaborar con AromatizArte enviándonos unha grande variedade de esencias –xa que ela traballa na industria alimentaria-, así puidemos xogar a adiviñar os olores que lles íamos presentando: allo, anís, eucalipto, ourego, café… Dado que son moito máis intensos, con algúns deles trabucábanse; malia todo con aqueles como laranxa ou limón deseguido os asociaban a caramelos ou xeados. Logo con todas as mostras fixemos a comparación entre o olor natural e a esencia.
Falamos de como se chaman as persoas que traballan co nariz, aquelas que profesionalmente de dedican a cheirar; do grato ou ingrato que pode ser ese traballo, da variedade de olores que poden recoñecer e de como aprenderon a facelo: ulindo, practicando como calquera outra destreza.




